Wednesday 15 de May de 2024

O Concello de Miño non autorizará as fogueiras de san Xoán san Xoán en espazos públicos


Desde o Consistorio lanzaron un bando que recolle as principais recomendacións a seguir no caso de querer realizalas en espazos privados.
O Concello de Miño prohibirá non autorizará fogueiras de san Xoán en espazos públicos, con motivo da
pandemia do coronavirus. Desde o Consistorio lanzaron un bando que recolle as principais recomendacións a seguir no caso de querer realizalas en espazos privados.
En virtude do ben común e co obxectivo de minimizar os riscos de contaxio, desde o Concello
decidiron ‘non permitir este tipo de celebracións en espazos públicos, xa que non sería posible controlar o aforo de cada fogueira e é precisamente o que queremos evitar’, apuntan.
No caso de querer facelas en espazos privados, deberase comunicar na administración local e atender ás seguintes recomendacións:
– As fogueiras non poden superar os 3 metros de altura nin estar a menos de 25 metros das vivendas ou outras construcións.
– Deben ter un perímetro de seguridade igual ou superior ao seu diámetro útil.
– Non deben existir cables nas proximidades que poidan resultar afectados.
– Debe contarse con medios de extinción e control proporcionais ás dimensións da fogueira.
– Non prender lume no caso de que haxa vento.
– Non abandonar a fogueira ata a súa completa extinción.
– Non empregar combustibles de fácil prendido ou que conteñan produtos que fagan emanar gases
tóxicos.
– N0 tirar botes, ‘ sprais’ ou latas que poidan explotar.
– Non empregar produtos acelerantes.
– Evitar queimar madeira e mobiliario con grampas, cravos e materiais sintéticos.
– En caso de calquera incidente, poñerse en contacto con Protección Civil ou no 112.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, sinala que ‘#ante a crise sanitaria, vémonos na obrigación de cambiar determinados costumes e tradicións do noso modo de vivir, todo iso para evitar posibles contagios. Está na nosa man contribuír a unha expansión 0 do virus, e é ao que debemos responder nestes instantes’, finalizou o rexedor.